CRTVG

Buscar

Unha muller morre atropelada por un ciclista en Carballo

Publicado o 18/02/2021 12:02
Unha muller morre atropelada por un ciclista en Carballo

Unha muller faceleu na tarde deste mércores atropelada por un ciclista nunha pista do termo municipal de Carballo.

Segundo os datos facilitados pola Garda Civil, os feitos ocorreron na baixada do Monte Neme, preto do campo de fútbol de Cances, cando dous ciclistas baixaban por unha curva pechada. Un deles bateu contra a muller que caeu o chan. 

Cando chegaron ao lugar os servizos de emerxencia, a vítima aínda tiña conciencia pero faleceu ao pouco tempo. Todo parece indicar que morreu por mor dunha fractura cranial.