CRTVG

Buscar

Unha muller de Cangas, primeiro caso en Galicia da variante nixeriana da covid-19

Publicado o 08/04/2021 16:08

Detectan en Galicia unha nova variante da covid-19. O laboratorio do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acaba de secuenciar o primeiro caso da variante nixeriana de Galicia. Foi detectado nunha muller de Cangas de mediana idade nun cribado aleatorio.

Preocupa o feito de que é máis contaxiosa que outras variantes e que ten máis capacidade para enfrontarse á vacina; os responsables alertan sobre o perigo do contaxio dos asintomáticos.

Noticias web

08/04/2021