CRTVG

Buscar

Unha muller de 77 anos patina oito quilómetros diarios en Rusia

Publicado o 11/02/2021 16:56

E tamén lles queremos presentar a veciña máis famosa do lago Baikal, en Rusia. 

Con 77 anos, Lubov vive soa á beira do lago, e alí aprendeu a patinar dende moi nova. Todos os días percorre máis de oito quilómetos coas mesmas coitelas que fabricou seu pai no 1943.

Faino por pracer, pero tamén por necesidade: no inverno é o único xeito que Lubov ten de comunicarse coa civilización. 

Noticias web

11/02/2021