CRTVG

Buscar

Unha muller de 69 anos recupérase no hospital tras ser acoitelada mentres durmía

Publicado o 31/08/2021 08:32
Unha muller de 69 anos recupérase no hospital tras ser acoitelada mentres durmía

Unha muller de 69 anos recupérase no hospital tras ser acoitelada mentres durmía. Ocorreu na madrugada do luns no concello de Villarín de Campos, en Zamora.

A vítima espertou e viu a silueta dunha persoa encapuchada que, ao verse sorprendida, comezou a apuñalala. O agresor logrou fuxir e descoñécese o móbil do ataque. A muller permanece hospitalizada, ainda que a súa vida non corre perigo.

Noticias web

31/08/2021