CRTVG

Buscar

Unha muller de 63 anos, a primeira paciente do hospital Isabel Zendal

Publicado o 11/12/2020 18:24
Unha muller de 63 anos, a primeira paciente do hospital Isabel Zendal

O hospital Isabel Zendal de Madrid, construído para atender pacientes con covid, xa está en marcha. Hoxe ingresou a primeira enferma.

É unha muller de 63 anos con pneumonía por covid e con prognóstico estable. Este novo centro con mil camas de ingreso e 48 de UCI pretende aliviar a presión no resto de hospitais de Madrid. Polo momento só funciona un pavillón para o que se necesitan máis de 600 sanitarios e só hai un cento. O resto, a Comunidade de Madrid prevé cubrirlos con parte dos 11.000 contratos renovados ata xuño do ano que vén pola pandemia.

Noticias web

11/12/2020