Unha muller de 46 anos falece no Vicedo ao ser atropelada por unha furgoneta
Publicado o 21/06/2021 14:36

Unha muller de 46 anos faleceu este mediodía tras ser atropelada por unha furgoneta nas inmediacións da praia de Arealonga, no concello do Vicedo.
O accidente produciuse poucos minutos antes das 13:00 horas, segundo a alerta dun particular ao servizo de emerxencias 112 Galicia.
#AXEGAInforma dunha persoa falecida tras ser alcanzada por un vehículo nas proximidades da Praia de Arealonga, no #Vicedo. Malia os esforzos dos sanitarios, nada se puido facer por salvarlle a vida. Interviñeron: #BombeirosViveiro, @guardiacivil Tráfico e Protección Civil. pic.twitter.com/LjNidyE7se
— 112Galicia (@112Galicia) June 21, 2021
No lugar dos feitos, os servizos sanitarios, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvar a vida á persoa atropelada.