CRTVG

Buscar

Unha muller cae á vía do tren cando escapaba dos insultos dun grupo de mozos

Publicado o 10/05/2021 16:29

En Dublín, un grupo de mozos protagonizou unha agresión machista de graves consecuencias. Ocorreu nunha estación de tren. 

Segundo pode apreciarse nunha gravación, os mozos chegan ao apeadoiro e empezan a meterse con todas as mulleres que pasan ao seu carón.

Unha delas, cando tenta escapar dos agresores, cae á vía do tren, debaixo do vagón.