Unha muller agride a súa filla en plena rúa no centro de Lugo
Publicado o 16/01/2020 12:49
Deteñen unha veciña de Lugo por presuntamente agredir a súa filla de dez anos en plena rúa. Ao parecer, a muller tiroulle dos pelos á pequena e deulle unha cabezada na fronte. Así o declarou a menor ante os axentes e corroborárono algunhas testemuñas. A nena tamén lles contou aos axentes que non era a primeira vez que a agredía.
As dúas foron trasladadas ao HULA para recibir asistencia médica. O caso xa está en mans do xulgado de violencia doméstica.