CRTVG

Buscar

Unha moza ourensá tivo toda a familia ingresada no hospital pola covid

Publicado o 02/04/2021 22:29

Unha familia enteira de Ourense contaxiouse ao mesmo tempo. Nuns días unha moza de 21 anos viu como ingresaban a súa nai, o seu pai e tamén os avós maternos. El non puido salvarse. Ela tivo que coidar de todos e ata organizar o enterro. Agora só queda ingresado, xa na planta, o seu pai, e Sara relata como viviu esta dura experiencia.

Sara non se separou do seu pai, Emilio. Despois de máis de 20 días na UCI, 18 deles sedado recupérase na planta e xa se atopa moito mellor. Non foi unha situación doada para Sara, púxose á fronte da familia amosando unha grande fortaleza, pero agora ela tamén precisa coidados.

Noticias web

02/04/2021