Unha moza en estado crítico ao caer por uns cantís mentres facía unha autofoto en Alacante
Publicado o 16/09/2021 08:23

Unha moza ucraína de 26 anos permanece ingresada en estado crítico no hospital de Alacante tras precipitarse por uns cantís cando facía un selfie. A moza subira á balaustrada do Castelo de Benidorm para facer unha foto de si mesma e caeu ao mar nunha zona de rochas. Foi rescatada por un socorrista do Servizo de Salvamento na auga e trasladada ao Hospital de Alacante, onde permanece ingresada en estado crítico