Unha moza duns vinte anos faleceu nun sinistro no concello do Pino
Publicado o 08/12/2019 21:11
Sucedeu pasadas as tres da mañá. O coche en que ela viaxaba no asento traseiro saíu da vía á altura desta perigosa curva. Levou por diante a varanda de protección e acabou envocado. O condutor, que inicialmente deu positivo no control de alcolemia, saíu ileso. Outra moza que viaxaba no asento do copiloto quedou ferida leve.
No momento do sinistro chovía intensamente na zona e había unha mesta néboa que reducía a visibilidade.