CRTVG

Buscar

Unha moza de 21 anos con covid-19 ingresa no HULA cunha pneumonía bilateral

Publicado o 21/07/2021 14:14

Unha moza de 21 anos, contaxiada con coronavirus, ingresou no HULA cunha pneumonía bilateral. É un dos nove pacientes con covid−19 ingresados neste hospital lugués, onde a idade media dos positivos hospitalizados é de 52 anos.

Segundo os datos do Sergas, no conxunto da área sanitaria lucense hai 1.241 persoas coa infección activa, das que 14 están a ser atendidas nos hospitais públicos. Outros catro pacientes permanecen no hospital da Mariña, aos que hai que sumar outro máis no de Monforte.

Noticias web

21/07/2021