CRTVG

Buscar

Unha mostra con clicks percorre a historia de Galicia

Publicado o 06/07/2021 20:44

Son bonecos que marcaron varias xeracións e que hoxe serven tamén para que os máis cativos xoguen, e, neste caso, aprendan. O Museo interactivo da historia de Lugo ofrece unha mostra con máis de 1.000 clicks, que recrean cinco episodios da historia de Galicia.

A mostra está promovida polo concello e organizada pola asociación española que agrupa a coleccionistas destes bonecos. Deles son a maioría dos que se expoñen, pero non todos

A exposición, con pezas feitas tamén en impresoras 3D, está a ter unha boa acollida.

E como non, os máis cativos son os que máis a disfrutan

Algúns teñen claros os seus preferidos.

Esta mostra inédita poderá visitarse ata o 16 de setembro.

Noticias web

06/07/2021