CRTVG

Buscar

Unha morte eleva a 2.370 os falecementos por covid−19 en Galicia

Publicado o 13/04/2021 20:21
Unha morte eleva a 2.370 os falecementos por covid−19 en Galicia

Sanidade notificou o falecemento dunha persoa que fora diagnosticada de coronavirus. Con ela, o número total de vítimas ascende a 2.370 dende o comezo da pandemia en Galicia.

O deceso é o dun home de 60 anos o luns no CHUO.

Segundo informa Saúde Pública, presentaba patoloxías previas.