CRTVG

Buscar

Unha ministra do goberno de Francia recomenda non viaxar a España de vacacións

Publicado o 24/05/2020 21:27
Unha ministra do goberno de Francia recomenda non viaxar a España de vacacións

Sobre a reactivación do turismo en España, agromou unha nova polémica co Goberno francés. A ministra de Transición Ecolóxica, Elisabeth Borne, recomendoulles aos franceses non viaxar a España de vacacións.

Asegura que as medidas adoptadas polo Goberno español fronte ao coronavirus son contraditorias, en referencia á corentena de 14 días establecida polos visitantes durante o estado de alarma.