CRTVG

Buscar

Unha mestra de Oleiros, a mellor docente de primaria de España

Publicado o 12/01/2021 14:17

Alicia Tojeiro leva 20 anos exercendo a docencia e defendendo outra maneira de entender o ensino, menos mecánica e escrava dos libros de texto. O que ela chama a escola do corazón, que ten tres patas: os valores, a implicación das familias e aprender divertíndose. Unha metodoloxía que acaba de valerlle o Premio Educa Abanca como Mellor Docente de Primaria de España.

Unha das suas máximas é que o profesor é o primeiro que ten que ir feliz á escola e lograr que os rapaces aprendan divertíndose. Unha mostra é un vídeo sobre o coronavirus que fixeron ao regresar ás aulas tras o confinamento.

Tres son os ingredientes fundamentais da escola do corazón de Alicia: a maxia, o humor e o xogo. A historia de Quin sobre maltrato animal, os xogos solidarios, os Limpacovids ou Só ti podes cambiar o mundo son algúns dos proxectos que Alicia desenvolveu cos seus alumnos e que mesmo tiveron eco a nivel internacional.

Noticias web

12/01/2021