CRTVG

Buscar

Unha mellora con xabre nun camiño xera desavinzas en Prado, Lalín

Publicado o 23/09/2021 13:24
Unha mellora con xabre nun camiño xera desavinzas en Prado, Lalín

A Garda Civil e a Policía Local interviñeron nunha discusión veciñal na aldea de Prado, en Lalín. O motivo da lea foi o xabre que un veciño está botando nun camiño para mellorar o acceso a unha leira. Ata o lugar achegouse unha veciña descontenta coas dimensións do camiño, polo que comezou a discutir co camioneiro que estaba a traballar. Cando chegaron as patrullas a discusión xa rematara e, en principio, chegaran a un acordo.

A veciña acabou no ambulatorio, ao parecer, por unha crise de ansiedade.

Noticias web

23/09/2021