Unha manifestación denuncia o fenómeno 'okupa' nun barrio de Lugo
Publicado o 17/02/2019 20:26
Unha manifestación contra os okupas percorreu hoxe varias rúas do barrio lugués das Gándaras para denunciar o que consideran un fenómeno crecente na zona.
Os manifestantes reclamaban máis dilixencia das autoridades para resolver o problema dos okupas e sinalaron que varias vivendas foron desvalixadas totalmente sen ningún tipo de atranco antes de ser abandonadas. Os veciños realizaron, durante o percorrido, paradas sucesivas ante as casas ocupadas.
As Gándaras é un barrio periférico de Lugo e hai numerosos edificios baleiros polo falecemento dos seus antigos inquilinos ou polo traslado dos mesmos ao centro urbano.