CRTVG

Buscar

Unha manda de lobos ataca catro becerros en Mañón

Publicado o 05/10/2021 22:22
Unha manda de lobos ataca catro becerros en Mañón

No concello de Mañón, unha manda de lobos volveu atacar esta noite unha granxa de vacún. Mataron 2 becerros e deixaron outros 2 feridos. O dono da explotación atopounos esta mañá. O home di que os ataques do lobo son cada vez máis habituais e causan máis dano. Hai un mes, os lobos comeron un becerro e catro burros. Outro veciño perdeu un xato de 6 meses. E os lobos mesmo se asañaron con rabaños de ovellas e cabras. 

 

Noticias web

05/10/2021