CRTVG

Buscar

Unha maioría insuficiente no Senado a favor do xuízo político pode salvar a Trump

Publicado o 27/01/2021 16:52

Nos Estados Unidos, todo fai pensar que non haberá condena para o expresidente Donald Trump no xuízo político, malia que se aprobou seguir adiante co proceso.

Na votación no Senado sobre a inconstitucionalidade dese xuízo político, 55 senadores votaron a favor de continuar co xuízo político, que se producirá dentro de dúas semanas, pero para conseguir unha condena serían necesarios 67 votos, dúas terceiras partes da Cámara de Representantes.

Noticias web

27/01/2021