CRTVG

Buscar

Unha lucense crea unha caparuza para probar a roupa de maneira máis hixiénica

Publicado o 19/05/2020 14:11

Esta capucha que ven é a máscara Veil-up, trátase dunha especie de veo creado por unha lucense. A idea naceu hai tempo co obxectivo de non manchar as pezas con maquillaxe ou enganchalas con lentes ou pendentes, pero agora, en plena pandemia, ten aínda máis utilidades, dado que de maneira totalmente hixiénica impide que a roupa entre en contacto directo co rostro ou o pelo.

Veil-up cobre dende a caluga ata a parte do escote, pasa a luz e non xera dificultade para respirar. Este prototipo é de gasa, pero o obxectivo é que sexa hipoalerxénico, biodegradable e dun só uso.

Este proxecto, creado e patentado por Luz Soilán, está agora en proceso de lanzamento a través dun coworking e xa son moitos os interesados. Como di a expresión, Luz soubo facer da necesidade virtude, e agora o que ía ser un veo de uso persoal pode acabar sendo algo habitual nas tendas e que redunde no beneficio de todos.

Noticias web

19/05/2020