Unha lea entre irmáns acaba cun deles acoitelado nunha perna no Barco de Valdeorras
Publicado o 22/06/2020 11:42
Unha lea entre irmáns acaba cun deles acoitelado nunha perna. Aconteceu no Barco de Valdeorras. A Garda Civil detivo o home despois de que o seu irmán denunciara os feitos. A vítima, segundo recolle a denuncia, argumentou que precisou asistencia médica no centro sanitario da vila. Ao parecer, tiveron que darlle varios puntos de sutura na perna.
A Garda Civil mantén aberta unha investigación co obxetivo de esclarecer a relación que manteñen os irmáns e o motivo da lea. O presunto agresor, que negou os feitos, está previsto que pase hoxe a disposición xudicial.