Unha investigación no Campus de Ourense aproveita os restos das podas das vides para extraer compoñentes para o seu uso industrial
Publicado o 04/02/2021 20:58
Dos residuos que deixa a poda das vides obtéñense no laboratorio varios compoñentes que poden ter moitos usos na industria. É o resultado dunha investigación do grupo multidisciplinar de enxeñería química que traballa no campus de Ourense.
Conseguiron unha concentración moi alta de furfural, que adoita extaerse de combustibles fósiles como o petróleo para a produción de pásticos, pinturas, disolventes ou biocombustible.
Dos restos da poda tamén extraeron antioxidantes, cos que poñen en valor estes residuos.
Por cada hectárea de viñedo prodúcense entre dúas e catro tonledas de biomasa das podas, co avance desta investigación o seu aproveitamento ten un benefico enómico e medioambiental.