CRTVG

Buscar

Unha iniciativa gastronómica e benéfica reúne máis de 40 estrelas Michelín

Publicado o 04/08/2021 16:35

Corenta e catro estrelas Michelin van participar na edición deste ano do evento Estrelas Solidarias no Camiño. Unha iniciativa gastronómica e benéfica que organizan os irmáns Rial, do restaurante Casa Barqueiro, de Negreira, en beneficio de Cáritas. Entre as estrelas convidadas que farán un treito do Camiño: Martín Berasategui, Juan Mari Arzak ou os irmáns Torres.

Na presentación do evento, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, salientou a necesidade de extremar as medidas de seguridade e reinvidicou a importancia desta iniciativa solidaria nestes momentos de crise sanitaria e social.

 

Noticias web

04/08/2021