CRTVG

Buscar

Unha 'influencer' grava o maltrato que lle dan, ela e a súa compañeira, a unha anciá

Publicado o 25/08/2020 13:18

A residencia de Terrasa onde foron os feitos despediu as mozas e o Goberno catalán denunciou o video e abriu unha inspección

Nas imaxes vese como a moza que grava non para de rir mentres a súa compañeira de prácticas lle dá de comer a unha anciá de malas maneiras. O vídeo publicouse en Instagram.

As imaxes xeraron indignación nas redes, pero coa súa difusión, a moza tamén conseguiu 6.000 novos seguidores. E a modo de personaxe pública, subiu outro vídeo pedindo perdón.

"Teño que dicir que gravar este vídeo é moi complicado, pero creo que é necesario. En primeiro lugar, pedir desculpas ás familias que se visen afectadas", dixo.

Inspección e despedimento

A residencia de Terrassa onde ocorreron os feitos abriu un expediente e despediu as dúas mozas, que facían prácticas de enfermería. Esta mañá a familia da anciá acudiu ao centro. 

"Cando o vin pensei que lles desexaba a peor vellez do mundo. Creo que ninguén debe pasar por unha situación así", afirmou a filla da anciá.

O Goberno catalán denunciou o vídeo e abriu unha inspección despois de que o alcalde da vila pedira unha investigación sobre o suposto maltrato.

Noticias web

25/08/2020