Unha histórica vaga de calor complica os traballos de extinción do lume en Grecia e Turquía
Publicado o 04/08/2021 14:54

Grecia e Turquía seguen a loitar contra preto de douscentos incendios que xa deixaron oito mortos, ducias de feridos e miles de evacuados. Ás temperaturas extremas, á seca e á multiplicidade dos focos uniuse a falta de recursos.
O Goberno de Erdogan recoñeceu que non ten medios aéreos suficientes e pediu axuda a outros países. España enviou dous hidroavións para colaborar na extinción das lapas.