Unha guía didáctica recolle medidas para mellorar a seguridade no transporte escolar
Publicado o 14/10/2020 15:03
Arredor de 90.000 alumnos utilizan en Galicia algunha das 1.400 rutas de transporte escolar compartido. É a maior rede de España e conta cun índice de sinistralidade de practicamente cero.
Aínda así, faltan espazos reservados para o autobús nas paradas, e hai pais que obstaculizan cos seus vehículos as subidas e baixadas dos pequenos.
A formación é clave para seguir avanzando nas rutas escolares seguras con medidas que se recolllen nunha guía didáctica que acaba de elaborar a Xunta de Galicia con recomendacións para nenos e familias, acompañantes e tamén para condutores do autobús.
Protocolos de prevención para facer máis seguras as rutas escolares.