CRTVG

Buscar

Moxen as vacas nunha granxa robotizada de Castro de Rei sen que interveña o gandeiro

Publicado o 22/06/2020 13:03

A gandería Varela Labrada é unha granxa familiar localizada no lugar de Santa Locaia, no concello de Castro de Rei.

En 1999 pasaron das cortes antigas a esta nave aberta, que xa tivo varias ampliacións, e en 2005 Gabriel colleu a remuda de seu pai á fronte da explotación:

Gabriel Varela Villamide, gandeiro: "O mundo da gandería empecei desde que nacín, desde hai 15 anos levo o tema da granxa". "Empecei, debía haber daquela como uns 90 ou 100 animais en muxidura e agora debe haber como uns 175 ou 180", engade Varela.

Seguen a manter esta alta produción, pero desde o pasado verán cambiaron a sala por un sistema de muxidura robotizado: as vacas acoden voluntariamente para seren muxidas ao longo do día, pola necesidade que teñen de baleirar o ubre, e atraídas tamén por un sistema de dosificación do concentrado. A máquina identifica a vaca a través do seu colar, dálle a cantidade de alimento que ten programada e inicia o proceso de muxila.

Antonio Lenza, reponsable de instalacións de DELAVAL para a zona noroeste: "O brazo desprázase mediante a cámara de visión 3D, para facer unha desinfección, neste caso postordeño".

Co robot o centro de traballo da muxidura trasladase á oficina. Novas tecnoloxías para tratar de facer máis competitiva a produción de leite en Galicia.

Noticias web

22/06/2020