CRTVG

Buscar

Unha gran carpa permitiu a celebración do desfile en Lugo

Publicado o 05/03/2019 20:34

En Lugo, a chuvia non impediu que se celebrase o tradicional desfile de Entroido, pero si restou afluencia tanto de público coma de participantes. Comparsas reivindicativas, moitos disfraces con materiais de reciclaxe ou recreacións fantásticas lograron vencer esta gris tarde festiva.

Unha gran carpa instalada na Praza Maior permitiu que Lugo gozase un ano máis do tradicional desfile de disfraces do Martes de Entroido. A chuvia restou afluencia de público e tamén de participantes, pero non impediu que a troula fose protagonista nesta tarde gris.

Entre os participantes, disfraces para todos os gustos. Moitos deles optaron pola reciclaxe para dar vida aos seus personaxes. Tamén houbo protagonismo de colectivos de persoas con capacidades diferentes, como os que formaron este gran dragón chinés. E como non, tempo para a sátira. Por exemplo, coa polémica que vive nos últimos tempos a Policía Local luguesa.

Como non podía ser doutro xeito, non faltaron referentes da gran pantalla, personaxes mitolóxicos e todo tipo de recreacións, que contaron mesmo cun desfile da realeza.

Noticias web

05/03/2019