Unha gota fría arrasa varias localidades de Ganada e pon en alerta catro comunidades
O outono arranca con chuvias torrenciais que nas últimas hora arrasaron varias localidades do sur de Andalucía. Unha DANA é a responsable destas tormentas, que puxeron tamén en alerta a Baleares, Comunidade Valenciana e Cataluña.
Unha gran tromba de auga sorprendía onte á tarde os veciños de Íllora, no leste de Granada.
A enchente anegou vivendas e baixos e a forza da auga levou por diante coches e colectores e obrigou a cortar numerosas estradas.
Preto de alí, no municipio de Montefrío, foi necesario rescatar varias familias que quedaron atrapadas despois de que caeran preto de 60 litros en media hora.
Outras localidades como Lorca, en Murcia, sufriron tamén as consecuencias desta DINA que deixou ademais graves inundacións en Córdoba e Almería.
A chuvia torrencial chegou tamen ata o centro de centro de Menorca, onde nunha hora caeron ata 80 litros por metro cadrado.
O outono comeza con Andalucía, Valencia, as Baleares e Cataluña en situación de alerta por unhas chuvias que se prevén sexan intensas ata o próximo venres.