CRTVG

Buscar

Unha gandeira de Muras recolle 1.734 sinaturas contra a protección do lobo

Publicado o 24/09/2021 21:08

Chámase Eugenia Requeijo e canda súa mai esta muller é titular dunha gandeiría con cen vacas adultas.Hai 15 días acordoulle recoller sinaturas pedindo que o lobo non estea protexido.

O seu argumento é que os gandeiros están impotentes ante o ataque do lobo.

 Esta tarde veu cambiar de pasto as 57 vacas que pacen no lugar Vedille, en Muras.
Ten outras tantas noutros pastos deste concello.Tamén ten 11 cabalos.

O seu gando está sempre fóra. Hai mes e medio, pola noite, sentiu arredor as vacas pola noite. O lobo quixo atacar, pero só as atemorizou
Canda ela andan sempre dous cans.Non lle ten medo ao lobo, pero non quere sufrir máis danos polo lobo, sobre todo os cabalos.

En total conseguiu 1.700 sinaturas e xa as presentou nos ministerios de Transición Ecolóxica e Agricultura
 

Noticias web

24/09/2021