CRTVG

Buscar

Unha galega é a primeira persoa en recibir a terceira dose en Cataluña

Publicado o 17/09/2021 19:49

En Cataluña empezaron hoxe a administrar a terceira dose da vacina nas residencias de maiores. De momento puxéronllela aos usuarios de 4 centros, e durante a semana que vén esperan completar a pauta de todos os internos de residencias, máis de 40.000.

A primeira en recibir esa dose de reforzo foi unha muller de 89 anos, de orixe galega, que está ingresada nunha residencia de Hospitalet de Llobregat. Josefa Pérez, natural de Ourense, di que coas tres doses está máis tranquila, e que xa non lle ten medo á pandemia.

 

Noticias web

17/09/2021