Unha furgoneta saíu da vía e outros dous vehículos víronse implicados nun accidente en Ordes
Publicado o 22/06/2021 12:46

A primeira hora da mañá, unha furgoneta de repartimento sufría unha saída de vía na estrada que une Ordes coa Coruña. A chuvia, a velocidade e as condicións da estrada puideron estar detrás do accidente. O condutor quedou ferido leve e foi trasladado ao hospital.
No accidente víronse implicados outros dous vehículos tras colidir coa furgoneta.