CRTVG

Buscar

Unha furgoneta choca contra un autobús escolar en Vilamarín

Publicado o 23/09/2021 19:37

O condutor dunha furgoneta foi trasladado esta tarde ao hospital de Ourense, tras chocar contra un autobús escolar.

Ocorreu contra as tres da tarde no concello de Vilamarín, a poucos quilómetros da cidade, nunha estrada local. O turismo bateu frontalmente contra o autobús, no que viaxaban dez cativos que saíron ilesos, o mesmo que o condutor e a coidadora. O único ferido foi o condutor da furgoneta, ao que lle practicaron os primeiro auxilios nunha ambulancia medicalizada, antes de trasladalo ao hospital. A estrada estivo cortada ata que retiraron os vehículos.

 

Noticias web

23/09/2021