Unha furgoneta atravesa a medianeira na AP-9
Publicado o 12/05/2020 19:08
Espectacular accidente o que se producía esta tarde na autoestrada AP-9 Un automóbil que circulaba cara a Pontevedra deu varias voltas e acabou por saltar por enriba da medianeira. A Garda Civil investiga as causas do sinistro, se ben parece que un rebentón nunha roda puido facer que o condutor perdese o control da furgoneta. Os tres ocupantes do vehículo resultaron feridos leves.