Unha fronte moi activa deixará choiva abundante durante esta xornada
Aviso laranxa no mar desde a Costa da Morte ata Estaca de Bares con ondas que poden chegar aos 6 metros de altura. Amais do mar de fondo que había onte, hoxe entra en xogo o vento de compoñente sur, deixando ese aviso laranxa por mar combinado.
Un novo temporal que se suma aos moitos sufridos xa este inverno e que están a causar importantes danos en moitos concellos costeiros. Un dos máis danados é o de Oleiros, que conta con moito atractivo para os turistas. Aquí, na praia de Santa Cruz, a forza dos últimos temporais e tamén a perda de area abriron este gran burato no muro que sostén o paseo marítimo.
Desde o servizo de emerxencias de Oleiros aseguran que este está a ser un dos invernos máis duros que lembran.
E en terra xornada de chuvia xeneralizada e intensa. Así que hoxe o paraugas será o noso compañeiro inseparable.