Unha foto con Leonor na homenaxe ás vítimas, decora a mensaxe do Rei
Publicado o 25/12/2020 08:54
No seu discurso o monarca estivo rodeado de obxectos moi simbólicos.
Tivo especial protagonismo unha fotografía do Rei coa princesa Leonor, durante a homenaxe ás vítimas da covid-19, celebrado no Palacio Real, no mes de xullo. Ambos aparecen depositando unha flor, en lembranza aos falecidos durante a pandemia. Un xesto co que Filipe VI comparte protagonismo coa herdeira ao trono, que pasado 31 de outubro fixo 15 anos.