CRTVG

Buscar

Unha festa de graduación provoca un gromo entre os alumnos dun instituto de Pontevedra

Publicado o 23/06/2021 15:09

"Que desolación, que tristura porque as cousas non pasan ata que pasan", laméntase Rocío Vieites, directora do IES Sánchez Cantón.

Primeiro día de vacacións e case nula a actividade no instituto Sánchez Cantón, pero só por fóra, dentro os ánimos non andaban para moita festa, os positivos seguen sumando.

"Eu teño constancia de 7, pero creo que son 10", informa a directora.

O gromo xurdiu na festa de graduación. O centro desvincúlase da celebración deste evento. De feito, aconselláronlles que, de facelo, non o fixesen antes das ABAU, como querían os alumnos.

"Os titores foron os que ao final convenceron o alumnado de que se atrasase. Imaxinade que isto chega a ocorrer nas datas que querían eles inicalmente" , informa Francisco Pérez, vicedirector do IES Sánchez Cantón.

Ante a dificultade que están tendo para establecer unha cadea de contactos estreitos, Sanidade tomou a decisión de realizar un cribado a alumnos, profesorado e familia o antes posible. Para este venres está prevista a graduación noutro instituto de Pontevedra. Agora valoran se facer ou non festa.

"A cea é no Casino, a festa dubido que se faga, non imos facer nada, como moito os grupos pechados que estamos sempre. Obviamente, unha festa todos xuntos iso non, depois do que pasou", cóntannos unhas estudantes do instituto A Xunqueira II. 

Noticias web

23/06/2021