Unha familia de Vilanova sospeita que a súa filla faleceu por un fallo na cadeira do coche
Publicado o 10/02/2021 10:44
Xiro na investigación da morte dunha nena de tres anos de Vilanova de Arousa nun acidente de tráfico. Agora a investigación apunta a un fallo na cadeira en que ía a pequena.
O avogado da familia vai presentar unha demanda contra a empresa que fabrica estas cadeiras para os coches.
"A raíz do accidente comezaron a xurdir dúbidas. A empresa díxonos que estaba homologada e non foi así".
"Detectouse, mendiante investigacións, que a homologación non existía. Había datos que non correspondían".
Segundo a informaicón que lles adxuntou a Garda Civil, hai máis de 10.000 dispositivos instalados en vehículos.
O sinistro tivo lugar hai dous anos e medio. A causa determinou que a nai non tiña responsabilidade penal no accidente.