CRTVG

Buscar

Unha familia de Vigo denuncia o acoso sistemático por parte dun antigo veciño

Publicado o 05/11/2020 20:55

Desesperación e impotencia. Con estas palabras describe a situación pola que están a pasar unha famillia viguesa, do barrio de Lavadores, ante o acoso constante que, aseguran, sofren por parte dun antigo veciño. Afirman que os intimida case a diario e mesmo que lles ocasiona danos nas súas propiedades.

"Tócanos as persianas, non nos deixa durmir. Onte de madrugada rompeunos os cristais e dúas persianas, unha do salón e outra dun baño pequeno. Rompeulle hai tres días o coche ao meu fillo", afirma a propietaria da vivenda.

Esta familia non comprende o por qué da actitude deste antigo veciño. Xa interpuxeron varias denuncias contra el, pero a falta de testemuñas complica a resolución do conflito.

"Deitámonos pola noite coa incerteza de que vai facer esa noite, estamos sen durmir. Non sabemos que facer, chamamos a policía, a policía vén, fai un informe que presentará no xulgado ou non sei onde, pero logo os xuíces non fan nada", di a propietaria da vivenda.

Ante o calvario que están a vivir, chegaron a pensar en deixar a casa de toda a vida e marchar do barrio.

Noticias web

05/11/2020