CRTVG

Buscar

Unha familia de Portosín autoconfínase para evitar contaxios

Publicado o 05/11/2020 14:02

A pandemia obríganos a cambiar plans e reorganizarnos constantemente. E iso lle pasou precisamente á familia do armador e patron de Portosín Eduardo Carreño o pasado 23 de outubro. Ao saber do positivo dun amigo co que estivera optou pola precaución. O exercicio de resposabilidade de Eduardo para evitar novos contaxios tamén se estendeu á tripulación do seu barco, que permanece amarrado no porto da Coruña.

O illamento non lles impedíu celebrar en familia o aniversario do pequeno Izam, que onte fixo 4 anos.

A familia confía en recuperar axiña a normalidade. A muller recibiu hoxe a alta médica e Eduardo espera tela mañá.

Noticias web

05/11/2020