CRTVG

Buscar

Unha familia de Nerga enfróntase á posible derruba da súa casa

Publicado o 29/06/2021 14:11

No expediente da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia por residir en zona prohibida pola Lei de costas consta un informe municipal recente que lles nega a licenza urbanística. Segundo o concello de Cangas, a construción actual non coincide coa situación do proxecto que fora aprobado nos anos 90.

Despois de 25 anos vivindo en Nerga, Rosa e a súa familia poderían ter que derrubar eles mesmos a súa propia casa. Hai máis veciños do lugar a quen se lles notificou a apertura de expedientes semellantes. O proceso está aberto. Polo de agora, esta familia prepara o segundo envío de alegacións contra a denuncia da APLU.

Noticias web

29/06/2021