CRTVG

Buscar

Unha familia de Melide pide sinaturas para evitar a derruba de dúas casas con obras fóra de licenza

Publicado o 18/10/2021 15:39

Con máis de 60 anos de antigüidade, dúas casas da rúa María Casares de Melide están á mercé da execución dunha sentenza de derruba. A apropiación dun terreo público por parte dun irmán da familia afectada deu pé a tres veciños a denunciar o Concello por permitir o incumprimento da licenza de obras que estaban a realizar nas vivendas.

Unha delas é esta vivenda familiar que herdou unha das irmás. Ademais do valor sentimental, ela investiu no arranxo todos os seus aforros, xa que é a única casa que ten. Coa execución da sentenza ás portas, puxeron en marcha unha campaña de sinaturas para conseguir evitar a derruba. Agardan que a xuíza avalíe as probas e dite unha nova sentenza que evite a derruba do único fogar da súa irmá.

Noticias web

18/10/2021