CRTVG

Buscar

Unha familia de Malpica cede un nicho para poder soterrar a falecida nun accidente de tráfico

Publicado o 27/05/2021 14:50

Gran xesto de solidariedade en Malpica. Os veciños da muller de 44 anos falecida nun accidente de tráfico cederon un nicho para poder enterrala.

Anna deixou viúvo e dous pequenos, de 6 e o 8 anos. Agora, todos os veciños da vila non dubidan en axudalos, coidalos e arroupalos nestes duros momentos.

A muller falecía o xoves pasado neste accidente de tráfico, a escasos quilómetros da súa casa. Unha semana despois, en Malpica seguen apenados.

A familia rexenta un bazar no lugar da Camuza, en Malpica, que, polo momento, segue pechado.

Noticias web

27/05/2021