CRTVG

Buscar

Unha explosión provoca un incendio nunha estación de tren de Londres

Publicado o 28/06/2021 19:51

O lume iniciouse arredor das dúas da tarde hora española cunha forte explosión e provocou unha enorme columna de fume nos arredores desta estación do sur de Londres. Polo momento descoñécense as causas do incendio e semella que puido producirse nuns rochos próximos á estación de metro e tren. Máis de 100 bombeiros traballaron nas tarefas de extinción ata controlar as lapas e aínda seguen no lugar para vixiar a situación. As autoridades británicas xa desbotaron a posibilidade dun ataque terrorista e por sorte non houbo que lamentar vítimas nin feridos de consideración.

Noticias web

28/06/2021