CRTVG

Buscar

Unha explosión en Baltimore causa, polo menos, un morto e varios feridos

Publicado o 10/08/2020 18:44

A explosión dunha tubería de gas derruíu tres casas, matou unha muller e feriu, polo menos, outras dúas persoas, causando danos nunha área extensa do nordés da cidade de Baltimore, Maryland, no leste dos Estados Unidos. Así o comunicou o Corpo de Bombeiros.

As autoridades non indicaron, de inmediato, cal poida ser a causa da explosión, e funcionarios da compañía Baltimore Gas and Electric Company presentáronse no lugar. Continúan os labores de socorro, en que participan os equipos médicos de seis ambulancias.

Segundo os bombeiros, tres vivendas unifamiliares resultados afectadas pola explosión, mentres que os medios locais mencionaron a posibilidade de que haxa desaparecidos, malia que esta información non se confirmou aínda de xeito oficial.