CRTVG

Buscar

Unha exhibición de Musa catapulta o Breogán á primeira vitoria da temporada (92-73)

Publicado o 18/09/2021 19:50

Foi un excelente partido do equipo lucense, que derrotou un dos mellores conxuntos da ACB por 19 puntos de diferenza.

A afección puido festexar este éxito, que tivo un protagonista indiscutible. O Breogán atopou a súa Musa. O bosníaco liderou completamente aos lucenses no primeiro acto, sobre todo cun primeiro cuarto no que aportou 16 puntos, 4 de 4 triplos. Respondeu ás expectativas xeradas e realizou unha primeira parte primorosa, con 20 puntos anotados. Tras o intermedio, foi o traballo en equipo o que lle permitiu ao Breogán comezar a temporada do mellor xeito posible.

 

Noticias web

18/09/2021