CRTVG

Buscar

Vigo, a cidade con mellor calidade de vida de España

Publicado o 27/04/2021 21:30

A cidade onde mellor se vive de toda España está en Galicia. Nunha enquisa da Organización de Consumidores e Usuarios, Vigo foi a cidade mellor valorada.

A OCU pedía que se valorase a calidade de vida nas quince cidades máis poboadas de España, e Vigo foi a que conseguiu unha mellor puntuación. O custo da vida, a seguridade, a limpeza, a educación, o medio ambiente e o nivel de contaminación foron dos parámetros en que máis destacou a cidade galega.

Os enquisados tamén consideran que é unha das mellores cidades para as familias con nenos e destacan a oferta de lecer, deporte e cultura. Pola contra, Vigo saca mala nota no tocante ao mercado laboral e ao inmobiliario. Madrid e Barcelona foron as cidades peor valoradas nesta enquisa. 

 

Noticias web

27/04/2021