CRTVG

Buscar

Unha empresa ourensá converte colectores de barco en túneles de desinfección

Publicado o 16/04/2020 20:23

Semella un túnel de lavado de coches, pero o que están a construír nesta empresa ourensá é un túnel para desinfectar persoas.

Mans, roupa e obxectos desinfectaríanse en cuestión de segundos coa axuda dun biocida natural e inocuo para as persoas.

Se Sanidade lles dá o visto e prace, contedores coma este poderían estar operativos en pouco tempo na entrada de hospitais, estacións ou empresas, facendo máis segura a volta á normalidade.

Noticias web

16/04/2020