Unha empresa galega pode conservar a vacina da covid-19 para toda España
A Organización Munidal da Saúde advertía estes días de que ningún país do mundo está preparado para a alamacenaxe das vacinas da covid-19 que se encontran na fase de ensaio clínico a unha temperatura de menos 80 graos.
Dende Galicia a empresa Biorepos retruca e achega solucións. Isabel Talegón, responsable comercial Biorepos asegura que teñen "equipamento suficiente para almacenar a vacina, en cada un dos tres repositorios arredor de tres millons e medio de doses. Entre os tres poderiamos albergar dez millóns de doses neste momento xa".
A empresa dispón dunha ducia de ultraconxeladores, pero tamén conta con insatalacións en Hernani e Madrid. Aseguran que poderían chegar a ter unha capacidade para conservar ata 30 millóns de unidades.
"Galicia é unha das comunidades con maior rede de empresas do sector biotecnolóxico, do sector da investigación e moitas delas precisan deste tipo de almacenaxe a temperaturas moi baixas".
Estamos acostumados á recollida e entrega de mostras biolóxicas a temperaturas moi baixas e á distribución da vacina non sen dificultade, di Isabel Talegón. "Para iso temos uns ultraconxeladores portátiles que en cuestión vacina caberían aproximadamente seis mil doses.
Alcanzan os menos 80 graos e teñen un dispositivo de lectura de temperatura de maneira continuada", indica. "Todos os axentes implicados saben que Biorepos existe e estariamos encantados de colaborar".